Nova liorta nos soportais da praza da Ferrería en Pontevedra
Amplo dispositivo da Policía Local e Nacional para disolver a lea
O enfrontamento inicial foi entre unha muller toxicómana e o responsable dun local que non accedeu a darlle comida
Os comerciantes e hostaleiros da zona din estar fartos dunha situación que se repite a diario
En Pontevedra houbo nas últimas horas un amplo dispositivo policial por unha pelexa nos soportais da céntrica praza da Ferrería.
A liorta tivo lugar despois de que unha muller toxicómana, habitual na zona, entrara nun negocio de venda de pizzas a pedir comida. Ante as negativas dos responsables do local a darlla, comezou o enfrontamento. Uníronse varias persoas e mesmo chegaron a darlle patadas ao mostrador polo que foi preciso que interviñera a policía para disolvelos.
Os comerciantes e os hostaleiros din estar fartos dunha situación que empeora cada día.
Din que hai un efecto chamada cada vez que chega o inverno. Precisan solucións urxentes porque moitos xa evitan pasar por esta zona da cidade.
Só unhas horas despois desta liorta a poucos metros, na praza de Méndez Núñez, houbo outra liorta en que interveu tamén a Policía Nacional. Foron identificadas 3 persoas por agredir un home que ía gritando pola rúa.