Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pelexa na zona de copas de Carballo, con patada e puñadas pero sen denuncias

Pelexa na zona de copas de Carballo, con patada e puñadas pero sen denuncias

Cinco homes leáronse a golpes, mentres un grupo de testemuñas os apupaba

Algún dos implicados é coñecido na vila por provocar conflitos similares

G24.gal 15/12/2025 14:25

"Dálle, dálle".

"Outra"!!!", apupan varias testemuñas. 

Víveno coma un espectáculo, pero non. Empezan dous, cun intercambio de puñadas... non se sabe moi ben á conta de que... pero a lea vai a máis e acaban pegando polo menos cinco mozos.

"Nos sitios nos que hai festa, é o que hai. Aquí é habitual que haxa lea, pero igual que en todos os sitios. A xente faino cando está borracha. Aí xa ves, algún non podían nin con eles mesmos", comenta un rapaz. 

O primeiro en achegarse é supostamente o irmán dun dos implicados, que case nin se ten en pé. Dun empurrón cae ao chan e acaba levando a peor parte, con patada das que resoa incluída. 

"Chamamos á policía", escóitase que pregunta un dos presentes, tras ese golpe.

"Non chames a ninguén que ese non pode nin pegar", respóndelle outro.

Si chaman ao local, pero cando a patrulla chega, xa non quedan testemuñas. Só o vídeo que foi circulando de móbil en móbil e que impresiona, non só polos golpes, senón tamén polo aplauso dos que miran.

"Á parte da pelexa en si, había un grupo de xente que estaba aplaudindo e dicíndolle dálle, dálle. Eu non entendo como poden pasar este tipo de cousas. Entón, quedoume moi mal corpo. Onte estiven mal todo o día e mesmo tiven un pesadelo", confesa unha veciña.

Con todo, de momento nin á Garda Civil nin á Policía Local lles constan denuncias. Coméntase que polo menos algún dos implicados é conflitivo e afeccionado ás leas, pero preocupa ese nivel de agresividade e, sobre todo, que se normalice entre a rapazada.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos