Un camión deixa numerosos estragos no concello de Mos e foxe
O vehículo impactou contra un coche dunha veciña, contra os muros de varias vivendas e contra un poste do tendido; logo seguiu o seu curso
Unha residente puido ver como o condutor do tráiler circulaba de xeito errático durante a noite. Bateu contra varios coches que estaban aparcados na rúa e tamén contra o muro dalgunhas vivendas. Ademais impactou contra un poste do tendido.
"Pegou no poste, no coche, pegou arriba contra o muro, pegou contra o coche da veciña e non se sabe nada", declara un dos veciños que afirma ademais que o incidente tivo lugar sobre as seis da mañá.
Os afectados están indignados porque, lonxe de parar, o camión seguiu o seu curso, como se nada pasase.
Existen imaxes "pero non se ve nin a matricula nin que tipo de camión é, sabemos que é branco" informa unha veciña do lugar.