Denuncian problemas coa subministración de auga en Novo Mesoiro, na Coruña
A veciñanza quéixase da falta de presión e dos conseguintes inconvenientes que lles xera na vida cotiá, como a dificultade para cociñar, limpar ou ducharse
Nunha imaxe tomada por unha veciña de Novo Mesoiro na súa casa apréciase a turbidez coa que saía a auga a semana pasada. Algúns xa deixaran de consumila días antes polo mal sabor.
A transparencia da auga mellorou, pero desde entón veñen padecendo problemas, sobre todo coa falta de presión e os conseguintes inconvenientes que lles xera na vida cotiá, como a dificultade para cociñar, limpar ou ducharse.
Malia que nos últimos días lle afectou a máis poboación, aseguran que nas zonas máis altas do barrio e nas vivendas superiores os problemas da falta de presión son recorrentes.
Os veciños aseguran descoñecer a orixe dos problemas. Postos en contacto coa empresa Emalcsa, concesionaria do servizo de augas, tampouco obtivemos resposta polo de agora.