Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un raio bota abaixo parte do teito dunha vivenda en Tomiño

Un raio bota abaixo parte do teito dunha vivenda en Tomiño

Caeu na antena, atravesou o tellado, tirou coa cheminea e fixo varios boquetes nos muros e no interior da vivenda

G24.gal 03/02/2026 21:51

No medio das fortes chuvias, un raio destrozou de madrugada unha vivenda unifamiliar no concello pontevedrés de Tomiño.

O estrondo espertou a propietaria ás seis da mañá.

Sentiu o lóstrego á vez que lle caía na cama un cacho do falso teito e cheiraba a queimado das chaves da luz.

Cando abriu o día comprobou a desfeita: o raio caeu na antena, atravesou o tellado, tirou coa cheminea e fixo varios boquetes nos muros e no interior da vivenda.

Aínda ten o susto no corpo pero nin ela nin o seu can sofren dano ningún.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade