Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal afoga os grelos en plena tempada de cocidos

O temporal afoga os grelos en plena tempada de cocidos

O exceso de auga pon en perigo os grelos do Entroido

Ata o momento a campaña fora boa, co frío como aliado

G24.gal 28/01/2026 14:22

O temporal colleu as vides en parada vexetativa, e pouca actividade nos invernadoiros. Pero afectou de cheo ás plantacións de grelos, afeitas ás inclemencias do inverno, pero non a tanta auga xunta.

"O grelo agradece moito este frío pero con días de sol despois, non tanta choiva e, sobre todo, choiva que non para", explica Pepe Albela, de grelos Viparal de Vedra.

O peor non é tanto o grelo que xa está para coller como o que tiñan previsto apañar nas datas fortes de Entroido

"Os que estaban para mediados e finais de febreiro, coa época máis forte de consumo estase deteriorando por baixo con tanta humidade e iso impide que medren sans e con calidade".

A borrasca caeu, literal e simbolicamente, como un xerro de auga fría sobre os produtores que, ata o momento, levaban unha campaña moi boa.

"Xerminara ben, despois viñeron xeadas e frío que lle viñeron xenial. A planta estaba bonita, pero esta chuvia a estraga e a amarelea"

Aínda é cedo para calcular perdas, sobre todo porque quedan aínda moitos días de chuvia por diante. O que si sospeitan é que haberá que buscar alternativa aos grelos para os cocidos do Entroido. Pero será difícil á vista destes repolos, afogados tamén por tanta auga xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade