Andalucía prepárase para un temporal que pode deixar 700 litros de auga por metro cadrado
Suspendéronse as clases en boa parte da comunidade e está habendo realoxamentos preventivos polo risco de riadas
Enviada a mensaxe Es-Alert aos teléfonos de 48 concellos
Elévase a alerta en Andalucía ante a chegada do temporal Leonardo. Suspendéronse as clases en boa parte da comunidade e está habendo realoxamentos preventivos polo risco de riadas.
Nalgunhas zonas poderían caer ata 700 litros de auga por metro cadrado en dous días.
A mensaxe Es-Alert de Protección Civil enviouse xa a 48 concellos por perigo extremo de chuvia e vento.
O temporal Leonardo deixará en Andalucía chuvias intensas e constantes durante toda a semana. Cos encoros ao máximo e tras o paso previo doutros temporais, hai moito risco de desbordamentos.
O maior perigo está en Grazalema, Ronda, O Campo de Xibraltar e a zona dos Puentes de Xaén.
O plan de emerxencias autonómico decretou a situación 2, que permite incorporar medios de outras administracións. Están facendo realoxamentos preventivos en zonas próximas ao río Guadalete. E suspendéronse as clases en toda a comunidade agás Almería.
A situación e as medidas a tomar vanse ir reavaliando nas próximas horas.
Pero xa se mobilizaron unidades da UME para colaborar ante o que poida ocorrer.
O vento xa causou decenas de incidencias. E a terra, din, xa non pode absorber máis auga.
