Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca Kristin deixa polo menos 8 falecidos e 200.000 fogares sen electricidade en Portugal

A borrasca Kristin deixa polo menos 8 falecidos e 200.000 fogares sen electricidade en Portugal

O goberno luso estableceu un fondo de axudas para os afectados de 2.500 millóns de euros e prolongou o estado de máximo nivel de alerta ata o 8 de febreiro

G24.gal 01/02/2026 18:57 Última actualización 01/02/2026 20:00

O paso da borrasca Kristin deixou un regueiro de destrucción en Portugal, especialmente nos concellos de Leiria e Coimbra. 200.000 persoas seguen sen suministro eléctrico porque o temporal deixou fora de servizo máis de 770 quilómetros de liñas de alta tensión, un 7% de toda a rede nacional. Unha situación que leva a moitos a recorrer ao uso de xeradores de electricidade, e xa se rexistraron falecementos por inhalación de gases. 

"Non hai luz, non hai teléfono móbil, non temos nada. Non temos auga, non temos nada. Os tellados estan todos estragados. Creo que nos próximos días seguiremos sen ter nada."

"Esto é un escenario de guerra. É moi triste ver a praia así como está. Estamos moi  decepcionados. Esto vai tardar moito tempo en quedar como era antes."

O temporal deixa alomentos oito falecidos no país e incontables danos materiais.

Por iso o goberno estableceu un fondo de axudas aos afectados de 2.500 millóns de euros e vai prolongar o máximo nivel de alerta ata o próximo domingo, día 8. 

Kristin foi a quinta grande borrasca en só un mes o que deixa e unha situación límite nos encoros. Por iso, o primeiro ministro luso advertiu que as enchentes nos ríos serán práctiamente inevitables porque está previsto que siga chovendo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade