Cargando resultados...
Os problemas loxísticos polas borrascas levan a Stellantis Vigo a cancelar 4 quendas
Trátase de causas de forza maior polas condicións meteorolóxicas adversas que tiveron impacto nos aprovisionamentos da fábrica
O Sistema 2, que se encarga dos vehículos comerciais lixeiros (K9) e as súas versións para pasaxeiros, é o afectado
Stellantis &you Vigo
G24.gal
28/01/2026 14:29
Os contratempos loxísticos derivados das borrascas obrigaron á factoría de Stellantis en Vigo a cancelar catro quendas de traballo.
En concreto, segundo fontes da compañía, trátase de causas de forza maior polas condicións meteorolóxicas adversas que tiveron impacto nos aprovisionamentos da fábrica.
O afectado é o Sistema 2, que se encarga dos vehículos comerciais lixeiros (K9) e as súas versións para pasaxeiros.
Canceláronse as quendas de mañá, tarde e noite deste mércores e a matinal do xoves.