Cargando resultados...
Un camión accidentado provoca o corte da A-52 á altura da Gudiña en dirección Vigo
O condutor do vehículo pesado quedou ferido e precisou de asistencia sanitaria
G24.gal
03/02/2026 10:00
Última actualización 03/02/2026 10:13
A saída de vía dun camión á altura da Gudiña provocou este martes o corte da Autovía das Rías Baixas, á altura do quilómetro 128 en dirección Vigo.
Segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia, o condutor do camión quedou ferido e tivo que ser atendido por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
No lugar do sinistro traballan nestes momentos tanto unidades da Garda Civil como de mantemento da infraestrutura para tratar de recuperar a circulación, condicionada tamén pola neve caída nas últimas horas.
O tráfico está sendo desviado desde o quilómetro 124 da A-52 pola vella N-525 que pasa ao carón da autovía.