Cargando resultados...
Un ferido nun accidente con tres vehículos implicados na AP-9, ao seu paso pola Coruña
O sinistro provocou o corte do carril dereito, en sentido de entrada á cidade
G24.gal
03/02/2026 10:51
Unha persoa resultou ferida, de carácter leve, nun accidente con tres vehículos implicados na Autoestrada do Atlántico, a AP-9, ao seu paso pola Coruña.
Segundo informou a Garda Civil, o suceso tivo lugar ás 8:40 horas no quilómetro 4, á altura de Palavea.
O sinistro provocou o corte do carril dereito, en sentido á Coruña.