Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas pelexas nas rúas de Lugo, con dous mozos feridos

Novas pelexas nas rúas de Lugo, con dous mozos feridos

Dous enfrontamentos na rúa, no centro histórico e na zona norte da cidade, remataron con senllos feridos trasladados ao hospital

Veciños e empresarios urxen medidas para garantir a seguridade cidadá

 

A praza Pío XII de Lugo foi escenario dunha das pelexas, cun mozo ferido trasladado ao hospital
Beatriz Sánchez 30/09/2025 14:32

O incidente máis grave foi na contorna da Catedral de Lugo, ata onde se desprazaban varias dotacións das policías Local e Nacional.

Segundo as testemuñas, os agresores levaban un bate béisbol e unha arma branca.

Un mozo foi evacuado ao hospital sangrando polo nariz e con mazaduras na cabeza. Polo de agora non hai detidos por estes feitos.

Veciños e empresarios amosan preocupación e piden un reforzo da presenza policial nas zonas de ocio do centro histórico.

"Pedimos máis policías, máis patrullas andando pola zona histórica, tanto polo día como pola noite. Evidentememnte sabes que pola noite hai máis altercados e loxicamente é máis importante", sinala Luis Latorre, da asociación Lugo Monumental.

Propoñen a instalación de cámaras de seguridade.

"Vanse instalar agora no San Froilán un montón de cámaras de seguridade no recinto feiral e non se entende por que na zona histórica non hai cámaras permanentes. Trátase de que se pasa algunha cousa se poida consultar esa cámara pra saber quen foi".

Outra pelexa perturbou o barrio da Milagrosa. A rifa foi na rúa Tino Grandío entre dos varóns, cun deles tamén trasladado ao hospital cun corte na cabeza. Os veciños relacionan o sucedido co consumo de drogas.

Fernando Toubes, da Plataforma Lugo Norte, di que están "moi preocupados e temos gravacións en que aparecen consumindo drogas no medio da rúa".

Pelexas protagonizadas pola clientela de locais hostaleiros que funcionan irregularmente como afters, polo que urxen unha ordenanza municipal que sancione o consumo de alcol e drogas na vía pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade