Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o acusado do acoitelamento mortal no parque de Santa Margarida, na Coruña

Prisión sen fianza para o acusado do acoitelamento mortal no parque de Santa Margarida, na Coruña

O acusado saíndo dos xulgados da Coruña para ser trasladado a prisión
G24.gal 15/12/2025 20:59 Última actualización 15/12/2025 21:41

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 8 da Coruña decreta o  ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do detido polo acoitelamento mortal ocorrido o pasado sábado no parque de Santa Margarida.

O home declarou na tarde deste luns como investigado por homicidio.

Con esta medida preténdese  evitar o risco de fuga. 

Lembramos que un mozo duns 20 anos faleceu tras recibir varias coiteladas, unha delas mortal, presuntamente, a mans do acusado, de 46 anos.

O presunto agresor acumula varias denuncias por feitos violentos e xa fora detido por ameazas e lesións en varias ocasións.

Desta volta, as forzas de seguridade conseguiron prendelo no barrio da Sagrada Familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade