Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Basterra volve pedir o terceiro grao

Alfonso Basterra volve pedir o terceiro grao

Leva 12 anos na prisión cumprindo condena polo asasinato da súa filla Asunta

Xa solicitara o permiso en 2024, pero denegáronllo polo risco de alarma social

G24.gal 27/02/2026 15:48

Alfonso Basterra, condenado por matar a súa filla Asunta en 2013, volve pedir o terceiro grao penitenciario.  Basterra foi condenado a 18 anos de cadea canda Rosario Porto, a súa muller e nai da nena. Ela cumpriu condena ata 2020, cando apareceu morta na súa cela da prisión de Ávila.

El segue na cadea, e dende 2018 pode pedir permisos penitenciarios. Co terceiro grao podería desfrutar da liberdade e só tería que volver a prisión para durmir. Solicitouno por primeira vez en 2024 e non llo concederon por varios motivos: que non mostrou arrepentimento, que non ten un comportamento exemplar, e que a súa saída provocaría alarma social.

Iso foi cando estaba en Teixeiro. Agora Basterra está na prisión de Topas, en Salamanca, polo que será outro comité o que decida se lle concede a semiliberdade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade