O autor do acoitelamento mortal de Santa Margarida xa fora detido por ameazas e lesións en varias ocasións
O autor do acoitelamento mortal de Santa Margarida xa fora detido por ameazas e lesións en varias ocasións
O agresor, que tiña unha orde de expulsión desde o 2014, pasa a disposición xudicial na tarde deste luns
O parque de Santa Margarida intenta recuperar a normalidade tras o tráxico suceso acontecido o sábado pasado, en que un mozo duns 20 anos perdeu a vida tras recibir varias coiteladas, unha delas mortal, presuntamente, a mans doutro home de 46 anos que adoita durmir aquí. Algúns veciños admiten que hai certa inquedanza na zona.
"Discusións, si. Pelexas con armas non vin moitas. Pero discusións, si. Porque alí, naquela zona, é un pouco complicado. De feito, pola noite non é moi aconsellable pasar por alí. En canto se vai a luz do día é mellor non pasar pola zona da Ronda de Nelle", comenta un veciño.
O presunto agresor tiña unha orde de expulsión desde o 2014, acumulaba varias denuncias por feitos violentos e xa fora detido por ameazas e lesións en varias ocasións.
Desta volta, as forzas de seguridade conseguiron prendelo no barrio da Sagrada Familia pouco despois de que fuxira do parque de Santa Margarida tras a agresión mortal.
Polo momento, permanece en Lonzas á espera de pasar esta tarde á disposición xudicial.