Publicador de contidos

Publicador de contidos

Absolto o acusado de apuñalar un menor fronte a unha discoteca en Santiago

Absolto o acusado de apuñalar un menor fronte a unha discoteca en Santiago

Non existen probas suficientes que determinen quen foi o autor da agresión 

Europapress arquivo Europapress arquivo
G24.gal 11/02/2026 15:56

A Audiencia Provincial da Coruña absolveu ao único acusado de acoitelar un menor fronte ás portas dunha discoteca en Santiago de Compostela en xaneiro de 2023. A sentenza di que non existen datos que permitan determinar sen dúbidas a autoría dos feitos.

Segundo recolle o ditame, na madrugada do 8 de xaneiro de 2023 produciuse unha pelexa multitudinaria ante unha discoteca de Santiago, na que resultou ferido por arma branca un menor de 17 anos, que sufriu lesións graves e tivo que ser hospitalizado.

O tribunal explica que, como se determinou durante o xuízo, na contenda participaron varias persoas e que o propio acusado recoñeceu "a súa intervención e que portaba unha navalla", pero "negou apuñalar a alguén". Ademais, a propia vítima dixo na vista oral que non podía identificar o acusado como a persoa que o acoitelara, posto que descoñecía en que momento se producía a agresión no transcurso da liorta.

As testemuñas non foron capaces de dicir quen acoitelou a vítima

As testemuñas, algúns dos cales adoecen para a Audiencia de "discordancias e falta de solidez", non foron capaces de dicir con seguridade quen apuñalou a vítima. Por todo iso, o tribunal sinala na sentenza que non existe "proba directa nin indiciaria suficiente que avale a tese acusatoria" e, dada a implicación de varias persoas, non se pode descartar que "a autoría do apuñalamento corresponda a unha terceira persoa interveniente na disputa".

A acusación particular pedía para o procesado unha pena de 10 anos de prisión, mentres que Fiscalía propoñía unha condena de nove anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade