Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía investiga o acoitelamento mortal dun home nun parque da Coruña

A Policía investiga o acoitelamento mortal dun home nun parque da Coruña

O presunto autor, con antecedentes penais, permanece no cuartel de Lonzas, á espera de pasar a disposición xudicial

Matan dunha puñalada un home no parque de Santa Margarida, na Coruña

G24.gal 14/12/2025 14:50 Última actualización 14/12/2025 15:25

A zona amenceu precintada e baixo a vixilancia dunha patrulla da Policía Nacional. Xa coa luz diúrna, os axentes inspeccionaron de novo a ampla área  acordoada, máis polo miúdo na contorna dos aseos. Aquí foi, segundo relataron varias testemuñas, onde comezou a lea entre os dous homes por motivos que polo momento non transcenderon.
 
A vítima, duns vinte anos, recibiu varias navalladas, unha delas mortal. O equipo sanitario que se desprazou ao parque xa o atopou sen vida. O seu agresor intentou fuxir, pero as forzas de seguridade localizárono e prendérono pouco despois na rúa Sagrada Familia, non demasiado lonxe de Santa Margarida. Permanece nas dependencias do cuartel de Lonzas e non se prevé o seu traslado aos xulgados ao longo do día.

O detido ten antecedentes penais. Adoitaba pasar as noites no parque, canda outras persoas que habitualmente dormen baixo as mesas cubertas situadas preto dunha das entradas. Usuarios e traballadores desta zona verde, unha das máis importantes da cidade, laiábanse hoxe polo sucedido, pero non se mostraban sorprendidos. Denuncian que o consumo de drogas e alcol e as liortas frecuentes causan inseguridade nun espazo tradicionalmante de encontro e gozo familiar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade