Unha vintena de persoas morren en Bolivia nun accidente de avión que transportaba cartos
A nave saiu de pista tras aterrar, invadiu unha avenida transitada e arrasou con varios vehículos
A Policía empregou gases lacrimóxenos para dispersar as persoas que se achegaron a apañar billetes
En Bolivia, unha vintena de persoas morreron e arredor de trinta quedaron feridas no accidente dun avión militar que transportaba diñeiro do banco central.
A nave invadiu unha avenida e arrasou con varios vehículos, tras intentar aterrar no aeroporto del Alto, a segunda cidade máis poboada do país.
A Policía empregou gases lacrimóxenos para dispersar as persoas que se achegaron, entorpecendo os labores de rescate e mesmo enfrontándose aos axentes, para apañar os billetes.
As autoridades, que detiveron unha ducia persoas por estes feitos, indicaron que é un papel moeda aínda sen valor legal. De feito, seguindo instrucións do ente emisor, militares e policías queimaron os cartos que quedaron esparexidos no lugar.