Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuadas máis de 3.000 persoas polo incendio dun monte preto da Toscana italiana

Evacuadas máis de 3.000 persoas polo incendio dun monte preto da Toscana italiana

As lapas devoraron 800 hectáreas de terreo e achegáronse ás casas: "A situación era xa perigosa", lamentou o alcalde

Vigili del Fuoco/dpa Vigili del Fuoco/dpa
G24.gal 01/05/2026 12:24

Uns 3.500 veciños da localidade italiana de San Giuliano Terme, preto da toscana Pisa (norte), tiveron que ser evacuadas por un incendio no monte Faeta que as autoridades tratan de apagar pero que se viu agravado polo vento.

O alcalde da localidade, Matteo Ceccheli, explicou este venres que a evacuación foi obrigada porque o vento levara a fronte do incendio moi preto das casas: "A situación era xa perigosa", lamentou desde as súas redes sociais.

O incendio foi crecendo nas últimas horas nos bosques do monte Faeta pero esta noite desatouse por mor do vento.

Ata o momento o lume devorou preto de 800 hectáreas de terreo, segundo informou este venres o presidente da rexión da Toscana, Eugenio Giani.

As autoridades despregaron varias unidades dos bombeiros para apagar o incendio, catro avións 'Canadair' chegados mesmo doutras rexións, e tamén efectivos de Protección Civil para asistir os cidadáns nas evacuacións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade