Ameaza os veciños en Narón tras denuncialo por maltratar os cans: "Vouvos enterrar"
Os cans pasaban días sen comida, bebida nin compañía, nunhas instalacións insalubres
Unha familia comproulle os cans para salvalos, ante a parálise dos organismos oficiais
Final feliz para uns cans que levaban anos sufrindo maltrato e abandono en Narón. Un dos problemas solucionouse, pero a veciñanza teme que o dono dos animais cumpra as súas ameazas.
Marcharon os cans, pero non acabou a rabia. Fede que apesta.
"Quedará para tempo porque aí non limpou ninguén".
"O das pulgas a min non me afecta pero eu teño dous amigos que viven na calella e para pasar teñen que tapar o fociño".
Vivían aquí, á intemperie, pechados entre bloques de cemento... e cousas peores.
"Estaban abandonados e cagados... mal, mal, mal".
"Abandonados, cheos de merda, ás veces sen auga. Viñan de vez en cando e levaban unha a pasear e deixaban ás outras".
"Téñoo visto pasar con unha moi finiña, de fame".
Un calvario do que unhas veces se queixaban e outras nin iso. Xa se acostumaran a pasar días enteiros sen auga, nin comida nin tampouco compañía.
"Choraban e téñoos visto dende riba que lles 'alumbraba".
"Teño visto que lle pegaba. A algún pegoulle, porque os oía laiarse".
Salvounos a presión veciñal e empezaron as ameazas.
"Desafiounos, e que os ía enterrar".
"Ao dono pareceulle mal e a min un día que me veu aí co andador díxome que xa conseguíramos o que queríamos".
Seguiron adiante. Vídeos, denuncias nas redes e tamén nos organismos competentes e nin con esas.
Optaron por outra vía. Comproullos unha veciña, pagados, para cedelos á protectora.
"Alivio. Alomenos sei que van para un sitio que van estar ben".
"Moi alegre pero dáme pena sen non os adoptan".
Con todo, aínda hai quen o defende, e de moi malas formas. Seica ao dono lle arruinaron a vida por unha moda. A moda de coidar os animais.