Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan sete cans desnutridos en Vilagarcía, tras atacar unha galiña

Rescatan sete cans desnutridos en Vilagarcía, tras atacar unha galiña

A cadela atacou a galiña en busca de comida para os seus catro cachorros, en risco de morte por fame

Os animais están en desnutrición extrema e cheos de parásitos "internos e externos"

G24.gal 18/06/2026 14:50

Berta serve como referente do estado destes sete cans porque chegou á protectora hai uns anos tamén cos ósos do lombo á vista.  

"Son cans nun estado de abandono, nun estado e desnutrición extrema. É un caso de maltrato aninal, un máis!", denuncia Ángeles Cifuentes, presidenta da Protectora de Animais de Vilagarcía.

As vítimas neste caso son tres adultos, unha delas femia, cos seus catro cachorros. Foi ela a protagonista do ataque, e enténdese.

"A agresión é lóxica. É unha cadela que ten catro cachorros que teñen fame e que rouba unha galiña. Entón, se tes fame e che quitan a comida... parece ser que atacou a unha galiña e a un policía local que quixo reducila", xustifica Cifuentes.

A alerta saltou polo ataque á muller e á galiña, pero detrás agochábase algo peor. 

"Deixadez de coidados ata o punto de provocar esa desnutrición tan severa que presentan os animais, aparte da parasitación tan enorme que traen, tanto interna como externa", engade a presidenta da protectora.

Cren que os cachorros non sobrevivirían.

"Son catro cachorros, cremos que de menos dun mes, pero hai que ver se hai atraso no crecemento porque o estado de desnutrición é evidente e grave. De manterse esta situación, os cachorros ían empezar a morrer", lamenta Ángeles Cifuentes.

Por sorte, os animais xa están a salvo, cos aloumiños que precisaban pero cun camiño longo por diante. 

"Estáselle empezando a dar a alimentación pouco a pouco porque nestes casos de delgadez extrema non se poden alimentar a demanda porque iso suporía trastornos gastrointestinais que poderían custarlles a vida. Coa persoa que está a coidar deles non hai ningún tipo de reacción agresiva por parte de ningún dos animais", asegura a presidenta da protectora de Vilagarcía. 

É unha actuación de urxencia. Para coidados máis avanzados, teñen que conseguir a custodia por vía xudicial. E máis cousas.... o dono dos cans enfróntase a un delito de maltrato e posiblemente tamén por tentativa de morte dos cans.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade