Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cruceiro do Hondius atraca no porto da Granadilla polo mal tempo para o desembarco dos últimos pasaxeiros

O cruceiro do Hondius atraca no porto da Granadilla polo mal tempo para o desembarco dos últimos pasaxeiros

Os últimos evacuados voarán en dous avións con destino aos Países Baixos

O atraque será polo "mínimo tempo imprescindible" 

No buque só queda a tripulación que navegará a Róterdam

directo Reuters
G24.gal 11/05/2026 19:08

O cruceiro MV Hondius atracou este luns no porto tinerfeño de Granadilla "o mínimo tempo imprescindible" por razóns meteorolóxicas, tal e como recomendou Capitanía Marítima, segundo fontes do Goberno.

A embarcación permanecerá atracada o tempo mínimo imprescindible para garantir a seguridade dos pasaxeiros e dos membros do dispositivo de evacuación. A medida permitirá axilizar a partida do cruceiro cara a Países Baixos, indican fontes do Goberno.

"O forte vento e a ondada facían máis seguro realizar así o desembarque dos pasaxeiros e o traballo dos equipos de evacuación. Despois de días moi complexos, estamos xa na última fase do operativo. Seguimos informando", explicou a ministra de Sanidade, Mónica García, na súa conta da rede social X.

A operación de evacuación do cruceiro afectado polo brote de hantavirus estaba previsto que terminase ás sete da tarde deste luns (hora canaria) co desembarco dos últimos ocupantes.

Uunha vez que atracou no porto de Granadilla, os últimos pasaxeiro que quedaban abandonaron o barco,para dirixirse en autobuses da Unidade Militar de Emerxencia ao aeroporto Tenerife Sur. Trátase de seis pasaxeiros e 20 tripulantes do barco.

No aeroporto tinerfeño espéranlles dous avións con destino aos Países Baixos; nun deles irán os membros da tripulación e no segundo partirán catro pasaxeiros australianos, un neozelandés e outro cidadán británico.

Tras baixar do barco, a pasaxe despedíronse con saúdos dos tripulantes que permanecerán no barco na súa travesía cara a Róterdam.

Clavijo esixe que o amarre sexa "con todas as garantías e no menor tempo posible"

O presidente das Canarias, Fernando Clavijo, reclamou este luns que a operación de amarre do MV Hondius no porto de Granadilla se desenvolva con todas as garantías, no menor tempo posible e que o cruceiro poida partir canto antes cara os Países Baixos.

Fernando Clavijo indicou esta tarde nas súas redes sociais que a ministra de Sanidade, Mónica García, informoulle de que Capitanía Marítima ordenou o amarre do MV Hondius no porto de Granadilla por razóns de seguridade, debido ao cambio das condicións meteorolóxicas.

"A prioridade é que a operación se desenvolva con todas as garantías, no menor tempo posible e que o cruceiro poida partir canto antes cara os Países Baixos", sinalou o presidente canario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade