Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous homes da mesma familia pelexan armados cunha fouce e unha motoserra en Ferrol

Dous homes da mesma familia pelexan armados cunha fouce e unha motoserra en Ferrol

Un dos implicados acabou ferido leve

A muller dun deles foi detida por portar un coitelo

A lea podería deberse a unha disputa familiar 

G24.gal 13/11/2025 15:32

Unha violenta disputa entre dúas familias requiriu a intervención da Policía Nacional e a Policía Local de Ferrol na mañá deste xoves, arredor das 10:00 horas, no barrio de Caranza.

O enfrontamento alcanzou un alto grao de perigo, xa que un dos implicados esgrimía unha fouce e outro, unha motoserra. Como resultado da liorta, un dos homes quedou ferido, cuxas lesións non revisten gravidade.

Ademais, unha patrulla da Policía Local detivo á parella dun dos implicados. Segundo as primeiras informacións, a muller foi arrestada por portar un coitelo durante o altercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade