Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan a usuaria dunha residencia de Carballo desaparecida desde a semana pasada

Localizan a usuaria dunha residencia de Carballo desaparecida desde a semana pasada

A muller foi trasladada a un centro de saúde para comprobrar o seu estado de saúde

María Teresa Pérez Penas, muller desaparecida en Carballo (CEDIDA) María Teresa Pérez Penas, muller desaparecida en Carballo (CEDIDA)
G24.gal 13/11/2025 16:32

A usuaria dunha residencia de maiores de Carballo, de 79 anos, que levaba desaparecida desde o pasado día 7 de novembro apareceu este xoves no municipio coruñés.

Segundo fontes do 112 consultadas por Europa Press, sobre as 10:15 horas unha parella alertaba ao Servizo de Urxencias 061 de que atoparan a unha muller e que podería ser a persoa que se estaba buscando.

Tras iso, os servizos sanitarios desprazáronse ao momento e trasladárona ao centro sanitario da localidade para comprobar o seu estado de saúde.

A Garda Civil abrira unha investigación e no operativo de busca, ademais de axentes do Instituto Armado, participaron efectivos da Policía Local de Carballo.

Tamén se pediu colaboración á Asociación de Veciños de Novo Mesoiro ao sospeitarse que puidese visitar a unha amiga residente neste barrio coruñés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade