Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan con vida o home de 67 anos que estaba desaparecido no Porriño

Atopan con vida o home de 67 anos que estaba desaparecido no Porriño

Faltaba da casa desde o luns ao mediodía

Apareceu a 400 metros da vivenda nunha zona de monte

G24.gal 04/11/2025 19:41

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do luns foi atopado con vida este martes nunha zona de monte, a uns 400 metros do seu domicilio, no Porriño.

Segundo informou a Garda Civil, tras recibir a alerta da desaparición, organizouse un operativo no que participaron diferentes patrullas da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

O operativo localizou ao home sobre as 16,00 horas deste martes nunha zona de monte con moita maleza e silvas, a uns 400 metros do seu domicilio. A Garda Civil informou de que o home estaba consciente e que foi derivado a un centro hospitalario.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade