Loito en Santander mentres segue a busca da moza desaparecida pola rotura dunha pasarela
A policía xudicial investiga por que cedeu a pasarela da ruta costeira creada pola Demarcación de Costas
Outros cinco corpos xa foron localizados sen vida na tarde do martes canda a única supervivinte
Todos son estudantes dun centro de FP agrario e teñen entre 19 e 22 anos
O dispositivo despregado tras colapsar onte pola tarde a pasarela da praia El Bocal, en Santander, que causou a morte de polo menos cinco persoas e se mantivo ata a medianoite, aínda que axentes da Policía Local permaneceron no lugar toda a noite, retomouse ás 08.00 horas deste mércores.
O dispositivo está coordinado polo Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo (CCS) de Santander e nestes momentos participan medios marítimos (Salvamar Deneb e buque SAR Gavia) e aéreos (o helicóptero Helimer 206), ademais da patrulleira Río Trueba da Garda Civil e DR SOS Cantabria.
Así mesmo, Salvamento Marítimo avisou os pesqueiros que saen a pescar pola zona que extremen vixilancia e informen de calquera avistamento.
O dispositivo despregado onte pola tarde, cando sobre as 16:45 se recibiu o aviso do accidente, mantívose ata a medianoite, coincidindo coa baixamar, aínda que axentes de Policía Local permaneceron na zona durante toda a noite.
En concreto, ata aproximadamente as 00:00 horas seguiron traballando no lugar os drons de Protección Civil do Goberno de Cantabria e bombeiros do Concello de Santander, por se ao baleirarse as cavidades pola baixamar houbese algún avistamento, segundo indicou a alcaldesa Gema Igual.
A plataforma derrubouse na tarde deste martes ao paso dun grupo de sete estudantes que paseaban por esta ruta costeira. Nos primeiros momentos os servizos de emerxencia lograron rescatar unha das estudantes, que conseguiu manterse agarrada ás rochas, e sacar do mar catro cadáveres. Á primeira hora da noite, localizaban o quinto.
A Policía xudicial investiga as causas polas que se desplomou a plataforma da pasarela
Este mércores confirmouse que os falecidos son catro mulleres e un home, orixinarios de Biscaia, Cantabria e Almería. A desaparecida é de Guadalaxara e a única supervivente de Álava. Todos teñen entre 19 e 22 anos e estudaban no instituto de FP La Granja, onde acababan de recibir as notas para empezar a súa fase de formación no programa Erasmus.
Dous días de loito oficial
O Concello de Santander e o Goberno de Cantabria decretaron dous días de loito oficial, mentres no lugar do suceso os labores de busca van á par coa análise da pasarela para determinar as causas do derrubamento, Tal como confirma o Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, que se desprazou a Santander na mesma tarde do martes e recalca a colaboración de todas as administracións na xestión desta primeira fase da emerxencia.
A policía xudicial está facendo a investigación sobre o terreo co cal calquera hipótese nestes momentos levase a equivocar a liña de acción que agora temos
A alcaldesa de Santander, Gema Igual, resaltou a rápida comparecencia en Santander do representante do Goberno central e coincidiu en que é momento de colaborar ante todo para atender as vítimas e ás familias, pero avanzou o que terá que verse na fase de investigación xudicial.
A hemeroteca existe e os santaderinos saben que é unha obra que executou Costas, unha obra que tivo unha protesta e que non finalizada se sustituiu por outro proxecto; todos eses datos son os que hai que aportar