Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizado sen vida o octoxenario de Arteixo desaparecido en León

Localizado sen vida o octoxenario de Arteixo desaparecido en León

A Garda Civil localizou este sábado, sobre as 16:00, e despois de tres días de busca a Eliseo Rey, de 82 anos

O operativo de busca mantíñase desde a tarde do mércores 4 de febreiro, cando un familiar alertou da súa desaparición

A Garda Civil buscaba este sábado o desaparecido no monte de Noceda do Bierzo, León. Imaxe: Garda Civil
G24.gal 07/02/2026 17:41 Última actualización 07/02/2026 18:07

A Garda Civil localizou este sábado, sobre as 16:00, e despois de tres días de busca, o corpo sen vida de Eliseo Rey Landeira, o home de 82 anos que estaba desaparecido desde o pasado xoves na localidade de Noceda del Bierzo (León), aínda que vivía en Arteixo (A Coruña), onde se denunciou a súa desaparición.

O corpo foi achado a aproximadamente un quilómetro de distancia de onde estaba o vehículo do desaparecido, nun camiño da zona, explicou en nota de prensa a Subdelegación do Goberno, que indicou que a Garda Civil fíxose cargo da investigación para esclarecer o suceso.

A procura mantíñase activa desde a tarde do mércores 4 de febreiro, cando un familiar alertou da desaparición do octoxenario, o que deu lugar ao despregamento dun amplo dispositivo de localización con medios terrestres e aéreos.

Desde o inicio do operativo, patrullas de seguridade cidadá realizaron rastreos polo centro urbano e os arredores do municipio, aos que posteriormente se sumaron efectivos da Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC) de León, que participaron en batidas aéreas con dron.

O dispositivo foise reforzando progresivamente coa incorporación dun helicóptero da Unidade Aérea de León e unha unidade canina especializada en procura e rescate do Grupo Cinológico de Castela e León, con base en Zamora, o que permitiu ampliar a cobertura en zonas de difícil acceso.

A Garda Civil mantivo establecido un Posto de Mando Avanzado (PMA) na propia localidade de Noceda del Bierzo para coordinar as actuacións e os recursos despregados.

A desaparición foi detectada tras localizar un vehículo con matrícula da Coruña estacionado durante varios días nunha zona sen edificacións de Noceda, o que levou ao alcalde, Andrés Arias, a dar a voz de alarma, e foi entón cando se comprobou que non se tiña constancia do paradoiro do home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade