Publicador de contidos

Publicador de contidos

O carballlo de Padroso é unha árbore senlleira, a única que din que fala

O carballlo de Padroso é unha árbore senlleira, a única que din que fala

Este exemplar centenario está situado no concello ourensán de Xunqueira de Ambía e acaba de entrar no Catálogo galego de árbores senlleiras

O escritor e editor, natural de Padroso, Bieito Ledo, é o impulsor desta iniciativa para pór en valor este carballo

Fala a través dos tres libros xa publicados por Ledo, en que participan máis de 30 autoras e autores galegos que lle renden unha homenaxe cos seus poemas e relatos curtos

G24.gal 13/11/2025 15:16

Hai unha árbore na provincia de Ourense da que din que fala. É un carballo centenario. Está en Padroso, no concello de Xunqueira de Ambía e, porque é considerada unha reliquia botánica, acaba de entrar no Catálogo galego de árbores senlleiras, que son as árbores que, ou por tamaño, por rareza, beleza ou idade, teñen esa consideración. 

"Tripulantes da nave da amizade, a vós falo...", da poesía de Marica Campo no libro 'O carballo de Padroso"

"O carballo grande viunos medrar cando eramos nós os que perseguiamos a choiva para termos charcos onde choutar", da poesía de Carmen Villar, 'Viunos medrar'

Pero o carballo de Padroso, en Xunqueira de Ambía, non é o máis grande, nin o máis groso, nin o máis lonxevo, pero é o único carballo que fala. Dío Bieito Ledo, o escritor e impulsor para que hoxe este carballo sexa xa unha árbore senlleira no catálogo galego

"Moita xente vén velo, e a verdade é que é un orgullo aquí en Padroso ter unha grande árbore como esta", afirma Rubén, veciño de Padroso. 

E fala a través da voz das máis de 30 autoras e autores galegos que escribiron para honrar este carballo centenario.
Situado ao pé do Camiño de Santiago mozárabe na Vía da Prata pídenos un abrazo cando nos achegamos a el.

"Pasa o Camiño de Santiago, todo natureza, todo moi bonito, e que vaian a Santiago, que pasen por aquí, que o abrzcen, que van ter sorte no Camiño", di Rubén, veciño de Padroso. 

E ademais das palabras das poetas como Carme Villar Alonso ou Marica Campo, e autores como Méndez Ferrín ou Alonso Montero, cada segundo sábado de xullo a fundación Bieito Ledo organiza un encontro arredor do carballo de Padroso, con recitais e música para lembrarnos a importancia de valorar e protexer o noso medio. 

"Proxectabamos casiñas que non chegamos a habitar, pero o carballo grande non, el ficou alí agardando", do libro 'O carballo de Padroso'

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade