Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido o condutor dun turismo que circulaba en sentido contrario pola A-6 tras chocar cun minibús en Guitiriz

Ferido o condutor dun turismo que circulaba en sentido contrario pola A-6 tras chocar cun minibús en Guitiriz

O vehículo chocou cun microbús no quilómetro 534, á altura de Lagostelle

No microbús, que facía a ruta Mondoñedo-Vigo, viaxaban unas 20 persoas, que saíron ilesas

 

Estado do coche tras o impacto contra o minibús na A-6. Foto: GES de Curtis Estado do coche tras o impacto contra o minibús na A-6. Foto: GES de Curtis
G24.gal 09/11/2025 09:20 Última actualización 09/11/2025 13:24

Arredor da 1 da madrugada deste domingo, o 112 Galicia recibiu varios avisos de particulares que viran un turismo circulando en sentido contrario pola A-6, á altura de Lagostelle, en Guitiriz. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron a Garda Civil de Tráfico.

Pouco despois, Urxencias Sanitarias de Galicia informou de que o vehículo chocara cun microbús no quilómetro 534. No autocar, que cubría a ruta Mondoñedo-Vigo, viaxaban unhas vinte persoas, que quedaron ilesas, porque o condutor conseguiu en gran medida esquivar o impacto.

Detalle do estado no que quedou o coche no que viaxaba a vítima tras o impacto co minubús. Foto: GES de Curtis Detalle do estado no que quedou o coche no que viaxaba a vítima tras o impacto co minubús. Foto: GES de Curtis

O único ocupante do turismo, o condutor, quedou ferido e foi atendido polo persoal sanitario, que se desprazou ao lugar nunha ambulancia.

Neste operativo tamén participaron o GES de Curtis e os servizos de mantemento da autovía.

A-6 ao seu paso por Guitiriz, este domingo pola mañá A-6 ao seu paso por Guitiriz, este domingo pola mañá
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade