Publicador de contidos

Publicador de contidos

En estado crítico un policía nacional tiroteado nunha operación contra o narcotráfico en Sevilla

En estado crítico un policía nacional tiroteado nunha operación contra o narcotráfico en Sevilla

O axente ferido foi recibido a tiros cando tentaba entrar no recinto onde se atopaban os narcotraficantes

Dentro da nave "gardería de droga" había un home atrincheirado

O Greco estaba en Isla Mayor realizando unha operación de vixilancia contra o narcotráfico a través do río Guadalquivir

A Policia Nacional en Isla Mayor, este sábado. Foto: EFE/David Arjona
G24.gal 08/11/2025 12:40 Última actualización 08/11/2025 21:24

O policía nacional ferido de gravidade este sábado en Isla Mayor (Sevilla) participaba nunha operación de vixilancia de loita contra o narcotráfico a través do río Guadalquivir e quedou ferido nun tiroteo durante o asalto a unha "gardería da droga" na devandita localidade.

Segundo fontes da operación, o grupo de resposta especial para o crime operativo (GRECO) estaba a realizar labores de vixilancia nesa zona e cando os axentes tentaron entrar na instalación onde sospeitaban que gardaban a droga os narcotraficantes dispararon aos axentes e atrincheiráronse na nave.

O axente ferido foi recibido a tiros cando tentaba entrar no recinto onde se atopaban os narcotraficantes.

Os feitos ocorreron durante a madrugada do venres ao sábado e, de momento, hai unha gran despregadura policial.

Nave Nave "gardería de droga" en Isla Mayor, Sevilla, onde estaba atrincheirado o home que disparou contra o policía. Foto: EFE/Arjona

O axente ferido tivo que ser operado de urxencia

O axente da Policía que recibiu o disparo está estable, dentro da gravidade. Fontes da Investigación relatan que dentro da nave "gardería de droga" había un home atrincheirado, que suspotamente foi o que disparou. O axente ferido foi trasladado ao Hospital Virgen del Rocio de Sevilla, onde foi operado de urxencia.

Os feitos producíronse contra as sete da mañá deste sábado, cando a Policía Nacional rodeou a nave, situada no Camiño de Toruño, entre Isla Mayor e Aznalcázar; unhas instalacións das que inicialmente se informou de que se estaban usando como "gardería de droga".

Ampla despregadura da Policía Nacional en Isla Mayor, Sevilla. Foto: EFE/ David Arjona Ampla despregadura da Policía Nacional en Isla Mayor, Sevilla. Foto: EFE/ David Arjona

O operativo policial continúa despregado e de momento non se produciron detencións

En Isla Mayor, diante da nave "gardería de droga" continúa unha importante despregadura policia ao longo de too este sábado. O operativo antidroga continúa na busca da persou ou persoas que estiveron atrincheiradas. De momento non se produciron detencións. 

Un home continúa atrincheirado na Un home continúa atrincheirado na "nave gardería de droga" en Isla Mayor, Sevilla. Foto: EFE/David Arjona
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade