Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mal tempo deste xoves non convida a estrear as novas instalacións do Parrote

O mal tempo deste xoves non convida a estrear as novas instalacións do Parrote

Trátase dun proxecto que conta con dúas piscinas, áreas de descanso e un acceso adaptado

O novo espazo busca achegar a cidade ao mar e ofrecer un punto de lecer no porto coruñés

G24.gal 30/10/2025 14:39 Última actualización 30/10/2025 15:11

Juan é asiduo destas augas do Parrote e este xoves, un dos poucos ousados que atopamos nadando.

"Veño sempre. Hoxe a auga está a 13,9 graos".

Unha temperatura que esta mañá non o animou a estrear estas novas instalacións que contan cunha piscina de auga de mar, de 25 metros de lonxitude, con outra infantil dun metro de profundidade, bancadas, áreas de descanso... Un proxecto que estrea A Coruña e que busca achegar a cidade ao mar.

"Quedou moi bonito...". "Eu hoxe non me baño, vou agardar o verán...".

É, sen dúbida, unha nova opción para os que se bañan todos os días do ano no mar... coma estes fieis bañistas de Riazor aos que nin o frío os frea.

"Eu veño bañarme todos os días aquí. O Parrote xa nos queda máis lonxe das casas". "Seguramente vaia probar as piscinas novas do Parrote cando nos pechen aquí polos temporais".

Se bañen en Riazor ou no Parrote... os criterios de funcionamento son semellantes: fóra da temporada de socorrismo, o baño realízase baixo a responsabilidade dos usuarios. E, en canto ás novas instalacións do Parrote, toda esta zona permanecerá pechada durante a noite e contará con videovixilancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade