Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un lanzamento de pedras na AP-9 provoca un accidente múltiple en Vilaboa

Un lanzamento de pedras na AP-9 provoca un accidente múltiple en Vilaboa

Catro coches víronse implicados neste sinistro, que se rexistrou sobre as 8:20 horas no quilómetro 138,8 da autoestrada, no lugar de Casanova

Un dos vehículos recibiu un impacto no parabrisas cunha desas pedras e o condutor perdeu o control, o que ocasionou que ata tres coches máis chocasen entre eles

G24.gal 30/10/2025 12:03 Última actualización 30/10/2025 14:52

O lanzamento de pedras desde un paso elevado provocou un accidente múltiple na autoestrada AP-9, ao seu paso por Vilaboa. Catro coches víronse implicados neste sinistro, que se rexistrou sobre as 8:20 horas no quilómetro 138,8 da autoestrada, no lugar de Casanova.

Un dos vehículos recibiu un impacto no parabrisas cunha desas pedras e o condutor perdeu o control, o que ocasionou que ata tres coches máis chocasen entre eles. Unha persoa resultou ferida leve, segundo confirmou a Garda Civil.

O suceso xerou máis de 2 quilómetros de retencións en dirección Vigo. A Garda Civil está a investigar o sucedido e traballa para identificar a quen lanzou as pedras desde o alto do paso a nivel.

Xa houbo outro incidente similar en Vilaboa hai ano e medio nas proximidades da peaxe de entrada a Pontevedra. Fontes próximas ao caso consideran que pode ser alguén da localidade.

Desde a Policía Local de Vilaboa expresaron a súa preocupación e piden colaboración cidadá para atopar o responsable. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade