Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retencións na Coruña e na AP-9, en Santiago de Compostela, por senllos accidentes

Retencións na Coruña e na AP-9, en Santiago de Compostela, por senllos accidentes

O sinistro na Coruña, entre un turismo e un camión, produciuse na saída da cidade pola Avenida Alfonso Molina

No accidente de Santiago unha persoa quedou ferida

G24.gal 29/10/2025 12:18

Un accidente na Avenida de Alfonso Molina, cun turismo e un camión implicados, provocou importantes retencións na Coruña pasadas as once da mañá. Os bombeiros da Coruña sacaron un condutor polo maleteiro tras quedar atrapado no seu vehículo, que chocara contra un camión de transporte de coches.

Ademais, un home resultou ferido nun accidente con tres vehículos implicados na AP-9, que provocou retencións ao seu paso por Santiago de Compostela.

Segundo informaron a Europa Press fontes do CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as 10:00 horas, cando varias persoas alertaron de que un vehículo ía dando "bandazos" e invadía outros carrís á altura do quilómetro 72 da AP-9, no Castiñeiriño.

O 112 Galicia explicou que tres vehículos resultados implicados e que foron informados os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade