Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rotura accidental dunha tubaxe en Culleredo provoca unha fuga de gas

A rotura accidental dunha tubaxe en Culleredo provoca unha fuga de gas

Rompérona uns obreiros que están remodelando a praza da Sagrada Familia

G24.gal 10/03/2026 15:42

A rotura dunha tubaxe en Vilaboa, no concello de Culleredo, provocou unha fuga de gas. Uns obreiros rompérona de maneira accidental mentres acometían as obras de remodelación da praza da Sagrada Familia.

A empresa que executa as obras deu aviso de inmediato á compañía de gas, que cortou a subministración e procedeu á reparación da tubaxe. Foi tan rápida a actuación , que moitos veciños da zona nin sequera chegaron a saber da rotura.

Ata o lugar tamén se desprazou a Policía Local, que non precisou desaloxar ningún edificio, tan só a zona afectada por motivos de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade