Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pequeno caos circulatorio en Lugo coincidindo co inicio das obras na praza da nova intermodal

Pequeno caos circulatorio en Lugo coincidindo co inicio das obras na praza da nova intermodal

As obras de urbanizacion en Conde Fontao coinciden con outras dúas obras próximas na misma zona

Os cortes e cambios na circulación colleron desprevidos moitos condutores

Obras na praza de Conde Fontao, fronte á fachada da nova estación intermodal
G24.gal 28/04/2026 13:45

Días de caos circulatorio en Lugo, especialmente nas horas punta, polo inicio das obras de urbanización na contorna da estación intermodal. Aínda recoñecendo que se trata dunha remodelación necesaria e moi agardada polos veciños, non por iso deixa de causar molestias, especialmente aos condutores.  

O inicio das obras de remodelación da praza fronte á nova estación intermodal coincide coas que se acometen moi preto na rotonda de Paradai e, por se fose pouco, cos traballos de canalizacións nunha das rúas que conecta con esta zona. Así as cousas, a moitos colleunos desprevidos o comezo das obras, e os atascos están á orde do día.

Toca, pois, tentar coller rutas alternativas. Aínda que ás veces non se poderá evitar. Así, só queda ter paciencia.

"Hai que aguantar a ver se acaban pronto", e, sobre todo, pensar en que moi pronto o barrio lucirá unha faciana renovada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade