Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Román estará tres meses de baixa por unha fractura na base do quinto metatarsiano

Miguel Román estará tres meses de baixa por unha fractura na base do quinto metatarsiano

O xogador será sometido a tratamento cirúrxico e a intervención está prevista para os próximos días

Pablo Durán recibe a alta médica

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 10/03/2026 17:11 Última actualización 10/03/2026 17:22

Durante unha acción no adestramento realizado esta mañá na Cidade Deportiva Afouteza, Miguel Román notou unha forte dor no seu nocello e pé esquerdo. Tras realizárselle unha radiografía para descartar unha posible lesión ósea, as probas confirmaron unha fractura na base do quinto metatarsiano.

O xogador será sometido a tratamento cirúrxico e a intervención está prevista para os próximos días. En función da súa evolución, o tempo estimado de baixa será de entorno a 3 meses.

A boa nova é que Pablo Durán recibe a alta médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade