Publicador de contidos

Publicador de contidos

As confrarías advirten que o incremento do prezo do combustible pon en risco a pesca artesanal

As confrarías advirten que o incremento do prezo do combustible pon en risco a pesca artesanal

Piden medidas urxentes por parte do Goberno para asegurar o futuro do sector pesqueiro e marisqueiro 

G24.gal 10/03/2026 17:39

O presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, advertiu este martes de que a subida do prezo dos combustibles pon en risco a viabilidade do sector da pesca artesanal e pediu medidas urxentes para atallala.

Nun comunicado, Pérez Sieira lamentou que, despois dun "inverno infernal" nas costas, a pesca artesanal debe enfrontarse agora ao incremento do combustible debido á guerra en Oriente Medio.

"As marxes de beneficio nun sector como o pesqueiro artesanal son moi pequenas e calquera variación nos custos fixos supón un duro golpe para os profesionais, que ven minguadas as súas xa escasas ganancias en pleno mes de marzo e despois dos durísimos meses de inverno que pasamos en Galicia", insistiu.

José Antonio Pérez Sieira reclamou unha actuación "urxente e contundente" por parte do Goberno e, "do mesmo xeito que están a facer países veciños", medidas de apoio ás empresas e autónomos do sector que minoren a situación de crise no sector pesqueiro e marisqueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade