Publicador de contidos

Publicador de contidos

Días de moito traballo nos cemiterios de toda Galicia

Días de moito traballo nos cemiterios de toda Galicia

Queda case unha semana para o Día de Defuntos, pero a actividade xa é frenética en moitos camposantos

Non só se trata da decoración das lápidas, tamén da súa limpeza, que non é tarefa fácil

G24.gal 24/10/2025 14:38

Son días de moito traballo nos cemiterios, sobre todo nos parroquiais que son de titularidade privada como o que atopamos na parroquia de Graíces, na Peroxa, Ourense. Neste cemiterio, sepulturas, nichos e panteóns prepáranse para o Día de Defuntos.

Moitas empresas encárganse da limpeza deste tipo de tumbas, algunhas incluso centenarias, que están baixo a tutela de Patrimonio. Así que este tipo de traballos requiren de tempo, polo menos dúas horas por sepultura, e de persoal especializado que contratan as propias familias durante estes días.

O traballo non só é laborioso, tamén é acumulativo. Nun día poden limpas e preparar unhas dez lápidas. Estes días, están a tope.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade