Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio nunha carpintería de Muros deixa danos por valor duns 200.000 euros

Un incendio nunha carpintería de Muros deixa danos por valor duns 200.000 euros

No momento do incendio non había ninguén dentro e o lume extinguiuse con moita rapidez

G24.gal 24/10/2025 14:13

A voz de alarma dérona as traballadoras do negocio de en fronte. Escoitaron estalar cristais e cando saíron viron o fume. Inmediatamente chamaron os servizos de emerxencia e os propietarios da carpintería que, nese momento, xa estaba pechada. 

Ardeu principalmente maquinaria e, por fortuna, malia ser unha carpintería e malia a proximidade das madeiras, o lume non se propagou a esa zona.

Unha intervención rápida do GES de Muros que axudou a que non houbera danos maiores. No momento do lume tampouco había ninguén dentro.

Os danos materiais son cuantiosos, ascenden a uns 200.000 euros. Á espera da investigación da orixe do lume todo apunta a que estaría nun problema no cadro eléctrico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade