Publicador de contidos

Publicador de contidos

A madrugada deixa varios vehículos ardidos en Pontevedra

A madrugada deixa varios vehículos ardidos en Pontevedra

Dous coches arderon na rúa en incendios presuntamente provocados

Outros dous vehículos arderon nun garaxe noutro lume, desta volta, supostamente accidental

G24.gal 17/10/2025 14:34 Última actualización 17/10/2025 14:43

Noite complicada para os bombeiros en Pontevedra. Dous coches arderon na rúa en incendios próximos e presuntamente intencionados. Pouco despois, nun garaxe próximo outros dous víronse afectados por outro incendio aparentemente accidental.

Os veciños desta rúa Fonte da Moureira levaron un susto terrible contra as 10 da noite. Un coche ardía ás portas do portal número 13. A Policía Nacional ten un sospeitoso e busca o presunto autor dun lume que todo apunta foi intencionado. Pouco antes, a escasos 100 metros de distancia, na rúa Uruguai, ardía outro vehículo en circunstancias similares.

Pero os incendios non remataran aínda na noite pontevedresa. Outro suceso poñía en alerta preto da medianoite os bombeiros da cidade do Lérez. Por causas que se descoñecen un lume afectou o garaxe fronte ao número 4 da rúa Alfredo García Alén. Dous vehículos quedaron completamente calcinados e o resto do aparcadoiro moi afectado polo fume. Os primeiros indicios apuntan a un suceso accidental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade