Publicador de contidos

Publicador de contidos

Calcinada por completo unha casa en Nogueira de Ramuín

Calcinada por completo unha casa en Nogueira de Ramuín

O lume declarouse de madrugada e a súa única propietaria conseguiu salvarse e pedir auxilio

G24.gal 16/10/2025 14:22

 Coas primeiras luces do día a casa de Cachaldora, en Nogueira de Ramuín, seguía fumegando. Foi unha noite longa para os veciños e veciñas desta aldea que viviron momentos de moita tensión, tras escoitar os berros de auxilio da súa propietaria que, por sorte, puido saír polo seu propio pé.

Os propios veciños axudaron na extinción coas súas mangueiras ata que chegaron os bombeiros do polígono de San Cibrao tras recibir a chamada sobre as dúas e media da mañá. Non foi unha extinción sinxela. De feito, pola mañá tiveron que volver actuar os bombeiros de Maceda para impedir que o lume se reavivase.

A propietaria da vivenda conseguiu saír da casa, pero posteriormente foi atendida no lugar tras sufrir un ataque de ansiedade. Tamén conseguiu salvarse un can, aínda que outro animal pereceu por inhalación de fume. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade