Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia, referente en investigación mariña

Galicia, referente en investigación mariña

Alfonso Rueda participou en Santiago na inauguración do II Encontro das Ciencias Mariñas

A Xunta investiu 10 millóns de euros no programa de Ciencias Mariñas co obxectivo de mellorar a xestión dos recursos do mar 

G24.gal 24/10/2025 13:12

Alfonso Rueda participou na inauguración do II Encontro das Ciencias Mariñas en Santiago. Alí Rueda reivindicou o liderado de Galicia na investigación do mar. "A investigación do medio mariño en Galicia ten un dos seus centros de referencia non só a nivel de España, senón a nivel de toda Europa e tamén hai que ser ambiciosos e é algo que podemos conseguir, a nivel de todo o mundo", asegurou o presidente Rueda. 

O Goberno galego investiu 10 millóns de euros no Programa de Ciencias Mariñas no que participaron máis de 250 investigadores das tres universidades galegas, dos centros do CSIC e da Xunta.

O obxectivo é  mellorar a xestión dos recursos mariños e do medio e facer do mar unha fonte de benestar e progreso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade