Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sancionados cinco alumnos dun colexio de Vigo por un presunto caso de acoso escolar

Sancionados cinco alumnos dun colexio de Vigo por un presunto caso de acoso escolar

A familia dunha nena de 5 anos denunciou unha situación de acoso por parte de alumnos de sexto de primaria

Arquivo/Eduardo Parra/Europa Press Arquivo/Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 24/10/2025 12:18

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da investigación iniciada despois de que a familia dunha nena de 5 anos denunciara unha situación de acoso escolar por parte de alumnos de sexto de primaria.

Segundo informaron fontes de Educación, o equipo de actuación contra o acoso escolar do centro, composto por varios profesores, determinou que existiron "condutas contrarias á convivencia" e por iso abríronse os procedementos sancionadores aos alumnos implicados.

As mesmas fontes explicaron que o servizo de Inspección Educativa "seguirá supervisando o correcto desenvolvemento por parte do centro do procedemento establecido no Protocolo Educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e o ciberacoso escolar".

A Consellería reiterou a súa posición de "tolerancia cero" ante este tipo de condutas e volveu a apelar ao "compromiso colectivo" para combater comportamentos contrarios á convivencia, e para "seguir actuando con eficacia e dilixencia" ante calquera posible caso.

A familia denunciante e os seus achegados convocaron para este venres unha concentración ante o colexio para denunciar a situación, que eles consideran de acoso, e para esixir medidas que impidan que se repita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade