Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fai seis anos do primero caso de covid-19 rexistrado en España

Fai seis anos do primero caso de covid-19 rexistrado en España

Un turista alemán infectados que estaba na Gomera quedou illado no hospital

Daquela aínda non se coñecía o alcance da que sería a maior crise sanitaria do século XXI

G24.gal 31/01/2026 19:31 Última actualización 31/01/2026 20:17

O primeiro caso de infección por covid-19 en España rexistrouse o 31 de xaneiro de 2020 na illa canaria da Gomera. Era un turista alemán que quedou illado no hospital.

Daquela a situación non xerou alarma, pero tardou pouco en complicarse. A finais de febreiro xa se detectaban casos non importados. A comezos de marzo certificouse a primeira morte polo virus e o día 4, o primeiro caso en Galicia.

O día 11, a Organización Mundial da Saúde declarou a situación de pandemia mundial e pouco despois, o 14, España declara o estado de alarma e decrétase o confinamento.

Foron tres meses pechados na casa en que tivemos que aprender a vivir sen apenas socializar fóra dos núcleos familiares.

A desescalada implicou afacerse a vivir coa máscara posta e con moitas restricións que ían variando en función da situación epidemiolóxica. 

Foron meses de hospitais saturados, miles de mortos e moito medo ata que comezaron a chegar as vacinas.

Traballadores esenciais

A pandemia da covid aprendeunos quen son realmente os traballadores esenciais: os sanitarios, pero tamén profesionais do sector dos coidados, a alimentación, a loxística ou a limpeza.

O impacto económico tivo unha envergadura sen precedentes pero superouse con medidas que salvagardaron o emprego e políticas monetarias expansivas. 

A día de hoxe, o coronavirus é xa unha infección respiratoria máis coa que convivimos grazas á inmunidade adquirida e sobre todo ás vacinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade