Expulsan tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar
Segundo Educación, o centro, que é privado, detectou a situación e activou os mecanismos para atallala
Un centro escolar de Lugo expulsou tres alumnos tras detectar un posible caso de acoso escolar contra outro compañeiro con diversidade funcional, tal e como confirmou a Consellería de Educación.
Estas mesmas fontes, detallaron que neste colexio, totalmente privado, activáronse os mecanismos necesarios para solucionar unha situación de acoso escolar detectada polo propio centro, que finalmente decidiu expulsar tres alumnos.
Ante estes feitos, a Xunta reiterou a súa "tolerancia cero" ante este tipo de condutas e apelou ao "compromiso colectivo" fronte a comportamentos "contrarios á convivencia" para seguir actuando con "eficacia e dilixencia ante calquera caso que se produza".