Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os concellos poderán adherirse ao novo financiamento para a axuda no fogar a finais de marzo

Os concellos poderán adherirse ao novo financiamento para a axuda no fogar a finais de marzo

A Xunta de Galicia incrementa os fondos para axudar aos máis de 23.000 dependentes que reciben asistencia na casa

G24.gal 10/03/2026 14:52

Os concellos poderán solicitar a adhesión ao novo sistema de financiamento de axuda no fogar a partir de finais deste mes de marzo. A Xunta prevé destinar 150 millóns de euros máis a este servizo de competencia municipal que reciben uns 23.000 dependentes da nosa comunidade. 

"Poderán solicitarlle á Xunta de Galicia o incremento do prezo no servizo de axuda no fogar. O obxectivo é continuar financiando un servizo que hai que recordar que é de competencia municipal. Un servizo que é fundamental que lle presta a mellor atención e da mellor calidade a todas as persoas maiores da nosa comunidade", explica a Conselleira de Política Social, Fabiola García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade