Cargando resultados...
A Garda Civil investiga un presunto caso de acoso escolar a un neno de 13 anos nun colexio de Baiona
A Garda Civil investiga un presunto caso de acoso escolar a un neno de 13 anos nun colexio de Baiona
Investigan varios menores que farían bullying a compañeiros do centro
A directora do centro interpuxo unha denuncia por pintadas en muros do colexio
G24.gal
29/10/2025 09:33
A Garda Civil investiga un posible caso de acoso escolar no colexio público CPI Cova Terreña no municipio pontevedrés de Baiona.
De oficio, investigan varios menores que farían bullying a compañeiros do centro. Ademais, a directora do centro interpuxo unha denuncia por pintadas en muros do colexio. Os axentes non descartan que ambos os feitos estean relacionados.