Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arquivadas as denuncias contra catro alumnos dun colexio de Baiona por presunto acoso escolar

Arquivadas as denuncias contra catro alumnos dun colexio de Baiona por presunto acoso escolar

As demandas foran interpostas pola directora do CPI Cova Terreña de Baiona

As familias dos menores implicados piden que se restitúa a sua honra e alertan do prexuízo que o sucedido causou nos seus fillos

Arquivo Arquivo
G24.gal 06/05/2026 10:49

As familias dos menores de Baiona denunciados por presunto acoso escolar a un compañeiro de 11 anos e por realizar pintadas nos muros do colexio insisten na inocencia dos seus fillos tras o arquivo das denuncias presentadas contra eles pola directora do centro de ensino.

Segundo aseguran nun comunicado, a responsable do CPI Cova Terreña de Baiona presentou contra eles senllas demandas a título individual que acaban de ser arquivadas pola autoridade xudicial.

As familias dos menores afectados recalcan que "non existiron evidencias" que xustificaran a apertura destes procedementos e manifestan o "notable prexuízo" que o ocorrido causou nos seus fillos "a nivel social e emocional".

No comunicado piden que se restitúa "a honra e a reputación" dos menores e confían en que o peche deste epiosodios lle permita "recuperar a normalidade na súa vida persoal e académica, libres de calquera estigma inxustamente atribuído".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade