Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue na UCI a muller atropelada hai nove días nun paso de peóns da Coruña

Segue na UCI a muller atropelada hai nove días nun paso de peóns da Coruña

Aseguran que por onde foi o atropelo hai pouca visibilidade e circulan a moita velocidade

Non queren que a zona se converta nun punto negro onde peóns e vehículos xa conviven con tensión

G24.gal 24/10/2025 13:33

A vítima, de 75 anos, cruzaba por un paso de peóns da rúa Pórtico do Santo André cando foi atropelada por un autobús urbano. "Deulle polo lateral e a muller caeu ao chan e golpeou a cabeza". "O paso está na curva, hai pouca visibilidade". "Parece ser que o cegou o sol". 

Eran as doce e media do mediodía. Unha hora, segundo veciños e comerciantes, complicada en canto ao tráfico. "Entre as doce e a unha isto énchese de furgóns de distribución. E se lles engadimos os autobuses urbanos, os taxis, os coches. É moi complicado, porque amais trátase dunha rúa moi estreita".

Contan que é o primeiro accidente tan grave que acontece na zona. Pero falan de que sustos. Hainos constantemente. "Sustos si. Porque aquí hai moito tráfico. Sobre todo con persoas maiores".

Así que, para garantir a seguridade dos peóns, piden melloras viarias. "Que poñan bandas rugosas ou un semáforo". "Para min a solución é que poñan horarios para o repartimento. Porque vai volver a pasar. Vai volver a pasar".

E non queren que esta zona se converta nun punto negro onde peóns e vehículos xa conviven con tensión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos