Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o suposto autor do atropelo mortal en Cee

Detido o suposto autor do atropelo mortal en Cee

O sinistro foi este luns pola noite, e cando chegaron os equipos de emerxencia non había nin coche nin condutor, só atoparon o falecido, un veciño de Corcubión

G24.gal 07/10/2025 17:48

A Garda Civil detivo o suposto autor dun atropelo que rematou cun home falecido en Cee. O Equipo de Investigación de Sinistros da Garda Civil en Santiago de Compostela asumiu a dirección das pescudas.

O sinistro produciuse este luns pola noite na avenida de Fisterra de Cee, a AC-445, que une a localidade con Corcubión. Testemuñas aseguraron que viran un coche no punto, que supostamente fuxiu, pois o corpo sen vida foi atopado só no lugar.

O persoal de emerxencias atopou restos do paso dun coche e só puido confirmar o falecemento da vítima. A Garda Civil informou que o detido pasará a disposición xudicial o mércores.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade